O día un de decembro de 1949, previo informe favorable do Consello Xeral dos Ilustres Colexios de Avogados de España e de conformidade co artigo 32 do Estatuto Xeral da Avogacía do 28 de xuño de 1946, o Ministerio de Xustiza autorizou a constitución do Colexio de Avogados de Ferrol, como consecuencia da iniciativa e petición dos Avogados que naquel ano 1949 exercían neste Partido Xudicial de Ferrol e que eran os seguintes: Fernando Pérez Barreiro, José María Navarro Laguarta, Vicente Ruiz de Velasco, Manuel Ojea Otero, Angel Fenor Perales, Germán Otero Saavedra, Carlos Prado Nogueira, Carlos Prado Neiras, Federico Novo González, Eduardo Ballester Peris, Ramón álvarez Martinez, Ramón Grotizas Rico, Manuel Parguiñas Rego, José A. Tapia Aguirrebengos, Carlos Sánchez de Vivar, Mario Juanes García, Rogelio Cenalmor Ramos, José Ramón Ororbia Mallo, Antolín Sánchez Vieites, José Presas álvarez, Manuel de Cal e Vara, Carlos Senén Hidalgo de Cisneros, José de Fano Fernández, Gonzalo Prego Meirás, Marcos Ruiloba Palazuelos e José Millarengo Sánchez.
O primeiro Decano, designado o 2 de febreiro de 1950 polo Ministerio de Xustiza ó amparo da norma 6ª da Orde do 21 de decembro de 1944, en relación co artigo 28 do Estatuto Xeral da Avogacía, foi DON JOSé MARíA NAVARRO LAGUARTA. O seu mandato foi moi curto xa que devandito Ministerio de Xustiza cesouno en xullo de 1950 e designou o 25 de setembro do mesmo ano como novo Decano a DON EDUARDO BALLESTER PERIS.
O seguinte Decano, por vía de elección que tivo lugar na Xunta Xeral Extraordinaria do Colexio celebrada o 21 de xuño de 1958, foi DON MANUEL OJEA OTERO, quen desempeñou o seu cargo, logo de ser elixido en sucesivos mandatos, ata o seu falecemento ocorrido o 6 de febreiro de 1979.
Posteriormente foron elixidos como Decanos DON MANUEL CRESPO RIVAS (novembro 1980-decembro 1985), DON JOSÉ SEOANE IGLESIAS (decembro 1985-decembro 1995) e DON FERNANDO PANTÍN MANEIROS (Decano actual desde decembro de 1995).
Os primeiros Estatutos do Colexio foron aprobados o 22 de decembro de 1958, que foron substituídos polos do 30 de xaneiro de 1983, e os actualmente vixentes foron aprobados na Xunta Xeral Extraordinaria do 19 de setembro de 2002 e polo Pleno do Consello Xeral da Avogacía celebrado o 10 de decembro de 2002, que foron modificados parcialmente o 14-12-04.
A sede do Colexio atópase na rúa Coruña, 60-62 baixo esq. e o Servizo de Orientación Xurídica na planta baixa do Palacio de Xustiza.